Actividades

Arranque da comunidade TTN Vigo

A día de hoxe dá arranque de forma activa a comunidade TTN (The Things Network) en Vigo con algunha pasarela (gateway) LoRa (Long Range) xa existente e outros que se instalarán en breves, xa coas autorizacións pertinentes xestionadas.

Resulta ser unha boa noticia para Vigo, e para Galiza en xeral, permitindo deste xeito a creación de redes LoRaWAN de utilización pública para beneficio de todos e proporcionar información relevante para a cidadanía.

SDR Galicia será un dos colaboradores, achegando nun futuro solucións e proxectos LoRa mediante radio configurable.

Actividades

Curso de preparación para o exame de radioafeccionado

Co gallo do Día Mundial da Radio (13 de febreiro), vanse impartir en Vigo unhas xornadas de preparación para o exame correspondente á licenza de radioafeccionado harmonizada HAREC.

Serán tres xornadas, todas elas sábados, da seguinte forma:

  • Primeira xornada. Día 15 de febreiro. Tratarase o temario correspondente á primeira metade do segundo exercicio do exame de radioafeccionado (temas 11 a 15).
  • Segunda xornada. Día 29 de febreiro. Tratarase o temario correspondente á segunda metade do segundo exercicio do exame de radioafeccionado (temas 16 a 19).
  • Terceira xornada. Día 7 de marzo. Tratarase o temario correspondente ao primeiro exercicio do exame de radioafeccionado (temas 1 a 10).

As xornadas serán na sé da Industriosa, na Rúa Barcelona, 13, 36203 Vigo, Pontevedra. Ver localización

O horario das xornadas será de 10h00 a 13h30 e de 16h30 a 20h00. Constarán de exposición teórica resumida dos contidos por temas e realización de preguntas típicas de exame.

Os contidos estarán dispoñíbeis na sección de Radioafeccionado da presente web con anterioridade á celebración de cada unha das xornadas para facilitar aos asistentes a súa lectura previa.

Actividades

Xornada de SDR na Coruña

O sábado día 23 de marzo de 2019 vai ter lugar unha xornada divulgativa sobre desenvolvemento básico sobre plataformas SDR (Software Defined Radio) de baixo custo na sé de Bricolabs (Museo do Home/DOMUS; Rúa Ángel Rebollo, 91; 15002 A Coruña).

A xornada será en quenda única de mañá e tarde. A sesión da mañá comezará ás 11h30, cunha duración estimada de 2 horas e 30 minutos, mentres que a sesión da tarde comezará ás 15h30, tamén cunha duración estimada de 2 horas e 30 minutos.

Inscricións: info@melisa.gal

Máis información: info@melisa.gal / BricoLabs

Prégaselle aos asistentes chegar cunha antelación prudencial para poder comezar as sesións á hora prevista. Poden vir coas súas plataformas SDR (especialmente se se trata do RTL-SDR ou LimeSDR Mini) se dispoñen delas. As prazas son limitadas para aqueles que non dispoñan de placa SDR propia. Hai tamén prazas para aqueles que desexen asistir como oíntes.

UPDATE: Xa non hai prazas dispoñibles para aqueles que queiran fozar nas SDR e non teñan placas propias. Segue habendo prazas para aqueles que queiran asistir como oíntes e para aqueles que dispoñan de placas propias.

Recoméndase tamén, na medida do posible, que os asistentes traian consigo un ordenador portátil ou dispositivo similar, configurado cunha distribución GNU/Linux (preferentemente Ubuntu MATE 18.04 LTS) e cos paquetes software configurados, utilizando este documento como guía orientativa. Así mesmo, tendo en conta que se van levar a cabo transmisións simultáneas de audio, sería conveniente o uso duns cascos con micrófono (valen incluso os máis sinxelos sempre e cando o seu bo funcionamento estea comprobado antes da xornada).

Os contidos previstos para a xornada son os seguintes:

SESIÓN DA MAÑÁ

Contidos

  • Lexislación e seguridade para a transmisión e recepción radio
  • Conceptos moi básicos de radio e de plataformas SDR (Software Defined Radio)
  • GNU Radio como plataforma libre para desenvolvemento SDR. Exemplos básicos.
  • Modulacións analóxicas: AM, FM

Demos con hardware

  • Transmisión e recepción de AM en loopback e coa mesma Lime
  • Recepción de FM comercial con RTL e Lime
  • Transmisión propia de FM con Lime SDR Mini
  • Comunicación bidireccional de FM en canles diferentes

SESIÓN DA TARDE

Contidos

  • Modulacións dixitais

Demos con hardware

  • Codificación e decodificación de sinal RDS para estacións FM
  • Sinais da banda aeronáutica
    • RTL-Airband
    • ADS-B de avións con Dump1090 e RTL-SDR
  • Sistemas de posicionamento global por satélite
    • Demostración de recepción de GPS con GNSS-SDR
  • Comunicacións dixitais
    • Transmisión dun ficheiro de texto
    • Transmisión de vídeo (ficheiro TS ou webcam)  usando o estándar DVB-T2 en GNU Radio con Lime SDR Mini e recepción con pincho RTL-SDR

Demos sen hardware

  • Recepción de imaxes de satélites meteorolóxicos: NOAA
Actividades

Na OSHWDEM18

O sábado pasado estivemos na feira OSHWDem na Coruña falando de comunicacións, de radio e de SDR (Radio Definida por Software). Alí puidemos comprobar os poucos proxectos de comunicacións que se mostraban na feira e a interese de moita xente por esta tecnoloxía que está cambiando como se fai investigación e desenvolvemento de sistemas de comunicacións.
Foto OSHWDEM18
Grazas a BricoLabs pola organización deste evento!