Sobre nós

Todo comezou cando un grupo de enxeñeiros dos centros atlanTTic e CINAE, xunto con socios da asociación A Industriosa (Vigo) realizou a solicitude dun proxecto de divulgación de SDR á Xunta de Galicia. A solicitude foi aceptada e subvencionada dentro do programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social.

Consellería Política Social      Iniciativa Xove

Esta iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer a Radio Definida por Software (SDR) a todos aqueles que estean interesados, entre os que se atopan estudantes e profesionais de enxeñaría, radioafeccionados e perfís afines, así como ao público en xeral.

Realízanse periodicamente obradoiros de SDR (maioritariamente introdutorios) e charlas divulgativas.

O obxectivo último é fomentar a creación dunha comunidade de persoas que se manteña no tempo aprendendo de xeito colaborativo e realizando proxectos en común utilizando esta tecnoloxía, a poder ser de forma libre.