Debido á situación de pandemia por coronavirus (COVID-19), suspéndense as actividades e obradoiros ata que a situación epidemiolóxica sexa máis favorable e permita a celebración de eventos sen medidas adicionais de seguridade, máis tendo en conta que durante os obradoiros se fedella con dispositivos que son compartidos e non é sinxelo proceder a unha desinfección rápida dos mesmos mantendo a súa funcionalidade.
Próximas actividades:
- Xornadas de preparación para o exame de radioafeccionado harmonizado HAREC
- Sesións en Vigo. 15 e 29 de febreiro, e 7 de marzo de 2020.
- Sesións na Coruña. Datas por determinar.