A segunda das actividades é un obradoiro de iniciación á Radio Definida por Software (SDR) con exemplos prácticos utilizando as placas Lime SDR Mini e o software GNU Radio. Os obradoiros teñen unha duración de 6 horas repartidas en dous días, venres pola tarde e sábado pola mañá. Para aumentar o número de destinatarios faranse dúas edicións do obradoiro, nas cales se impartirán os mesmos contidos, polo cal cada persoa no momento da inscrición terá que indicar para que edición se anota:
- Edición setembro: venres 28 e sábado 29 de setembro.
- Edición outubro: venres 5 e sábado 6 de outubro.
Os horarios son os seguintes:
- Venres de 18.00 a 21.00
- Sábados de 10.00 a 13.00
Lugar do obradoiro: Local de A Industriosa en Vigo (Rúa Barcelona nº 13)
Persoas destinatarias:
- Estudantes de enxeñaría e ciclos formativos das ramas técnicas e profesionais noveis
- Persoas que estean interesadas no mundo da tecnoloxía e da electrónica (makers
Profesores:
As persoas encargadas de impartir o curso serán Aarón Nercellas Ventas e José Miguel Lago Agra.
Requirimentos:
Recoméndase que se traia un portátil cunha distribución GNU/Linux, preferentemente Ubuntu ou derivadas, e os paquetes necesarios segundo as instrucións deste PDF.
Instrucións instalación paquetes GNU Radio, LimeSDR e RTL-SDR
Repositorio cos flowgraphs de GNU Radio usados no obradoiro:
https://github.com/aindustriosa/obradoiro-sdr
PDF presentación obradoiros:
A continuación incluímos a presentación utilizada nos obradoiros
PDF Presentación Obradoiro Introdución á SDR
Inscrición:
Esta actividade, subvencionada no programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, é gratuíta para os asistentes. Por razóns loxísticas as prazas están limitadas así que as persoas interesadas teñen que inscribirse enviando un correo cos seus datos persoais e coa edición de preferencia (setembro ou outubro) ao enderezo sdrgalicia [at] gmail [dot] com
De haber prazas enviaráselles un correo para confirmar a súa inscrición e tamén se lle indicarán os requirimentos técnicos para o curso, basicamente traer un ordenador portátil con Linux e certo software e paquetes instalados. Se alguén non cumpre os requisitos que contacte connosco por e-mail e buscaremos alternativas.