Hardware

Neste apartado fanse unha serie de recomendacións acerca de plataformas de Radio Definida por Software, así como de hardware de sinal e RF suplementario. Todo será, dentro do posible, de baixo custo. Estas plataformas serven de base para a realización dos exemplos propostos, coa finalidade de que poidan ser replicados polo público sen realizar un grande desembolso económico. Antes de nada…

Descarga de responsabilidade (Disclaimer). Non nos responsabilizamos de ningún tipo de dano, sexa físico, económico ou moral, por un uso dos dispositivos de radio configurable (independentemente ou en conxunto con outros dispositivos de RF) que non sexa o axeitado ou que non se axuste á legalidade vixente.

Recórdase especialmente que:

  1. É posible recibir en todo o espectro electromagnético. Pero hai que ter en conta que iso non implica ter dereito a descodificar nin extraer información de calquera comunicación non destinada a un mesmo ou ao público en xeral, segundo a lexislación vixente.
  2. Se o dispositivo configurable ten posibilidade de transmitir, é posible facelo no rango de frecuencias no que sexa capaz de operar. Pero iso tampouco implica ter dereito a emitir na banda de frecuencias que se queira nin á potencia á que se queira facelo. O público en xeral só ten dereito a transmitir nas bandas de libre utilización e cunha potencia limitada á máxima indicada no Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias (CNAF). Se se quere transmitir en máis bandas do espectro electromagnético, é moi recomendable pasar o exame de Operador de Estacións de Afeccionado para a obtención do certificado HAREC (Harmonized Amateur Radio Examination Certificate); unha vez aprobado, terase dereito a utilizar as bandas correspondentes a radioafeccionados coas limitacións de potencia establecidas na lexislación vixente (véxase CNAF), e ligado ao uso recomendado pola IARU para cada banda. Pódese atopar máis información ao respecto, xunto co acceso ao CNAF e ao uso recomendado das bandas de radioafeccionado segundo a IARU na sección de Radioafeccionado deste sitio web. Non ter en conta estas limitacións implica provocar potenciais interferencias en servizos fundamentais e/ou servizos licenciados (incluso chegando a inutilizalos); estas actitudes son penadas moi severamente segundo a lexislación vixente.

 

Unha vez mencionado o anterior…

I. Plataformas SDR de baixo custo

NomeTX/RXDAC bitsADC bitsRANGO ESPECTRALANCHO DE BANDAPREZOCOMPAÑÍA
RTL-SDR 0/1-824-1766 MHz2,56 MHz~ 35 €NooElec
RSP-1A0/1-141 kHz - 2 GHz10 MHz~ 130 €SDRplay
RSPduo0/2-141 kHz - 2 GHz10 MHz~ 295 €SDRplay
RSPdx0/3-141 kHz - 2 GHz10 MHz~ 250 €SDRplay
ADALM-PLUTO1/11212325 MHz - 3.8 GHz20 MHz~ 150 €Analog Devices
LimeSDR Mini1/11212100 kHz - 3.8 GHz48 MHz~ 165 €Lime Microsystems
LimeSDR3*/3*1212100 kHz - 3.8 GHz48 MHz~ 290 €Lime Microsystems
HackRF1/11081 MHz - 6 GHz20 MHz~ 280 €NooElec
KiwiSDR0/1-14DC - 30 MHz30 MHz~ 280 €Seeed Studio

* Non se poden utilizar todas as interfaces de transmisión á vez, nin todas as interfaces de recepción á vez. Cada entrada (recepción) ten un filtro de banda diferente, e cada saída (transmisión) ten un filtro de banda diferente.

II. Antenas suplementarias

  • W8035

 

III. Amplificadores de baixo ruído (LNA) fixos

PlacaAvaliación deBandaGananciaTensiónIntensidade
LNA5189SPF5189Z0,05-4,00 GHz20 dB5 V~ 100 mA
NWDZSBB5089B/Z0,05-6,00 GHz20 dB5 V80 - 85 mA