Plans de bandas da IARU

As tres organizacións rexionais da IARU (International Amateur Radio Union) desenvolven plans de bandas coa única finalidade de guiar aos radioafeccionados en como acomodar os distintos tipos e modos de emisión no espectro electromagnético, un ben que cada día é máis escaso.

En moitos casos, o seguimento do uso das bandas é opcional, pero constitúe unha boa práctica e amplamente recomendada. Algunhas administracións incorporan total ou parcialmente os plans de bandas á súa lexislación, convertendo o seguimento en obrigatorio neses casos.

Se un plan de bandas entra en conflito coas regulacións nacionais dalgún país, as regulacións nacionais son as que deben ser cumpridas.

As zonas IARU son as seguintes. Como se pode ver, España, como toda Europa, está englobada na rexión 1.

Rexións IARU

O plan de bandas para a rexión 1 vén dado polas seguintes bandas: