Co gallo do Día Mundial da Radio (13 de febreiro), vanse impartir en Vigo unhas xornadas de preparación para o exame correspondente á licenza de radioafeccionado harmonizada HAREC.
Serán tres xornadas, todas elas sábados, da seguinte forma:
- Primeira xornada. Día 15 de febreiro. Tratarase o temario correspondente á primeira metade do segundo exercicio do exame de radioafeccionado (temas 11 a 15).
- Segunda xornada. Día 29 de febreiro. Tratarase o temario correspondente á segunda metade do segundo exercicio do exame de radioafeccionado (temas 16 a 19).
- Terceira xornada. Día 7 de marzo. Tratarase o temario correspondente ao primeiro exercicio do exame de radioafeccionado (temas 1 a 10).
As xornadas serán na sé da Industriosa, na Rúa Barcelona, 13, 36203 Vigo, Pontevedra. Ver localización
O horario das xornadas será de 10h00 a 13h30 e de 16h30 a 20h00. Constarán de exposición teórica resumida dos contidos por temas e realización de preguntas típicas de exame.
Os contidos estarán dispoñíbeis na sección de Radioafeccionado da presente web con anterioridade á celebración de cada unha das xornadas para facilitar aos asistentes a súa lectura previa.